Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 180 persoas percorrerán o centro de Redondela pola III Carreira Contrarrelloxo

0d332283-dcc9-43d3-99f4-3844aefc421b

A proba organizada polo Club de Atletismo de Redondela e a Concellería de Deportes celebrarase este sábado 21 ás 19:00 horas. A Policía Local de Redondela establecerá un dispositivo de tráfico e seguridade polas rúas do casco urbano dende ás 17:30 horas ata o remate da competición, aproximadamente ás 22.00 horas.

A III Carreira Contrarreloxo por Equipos do CAR, que xa pechou o prazo de inscrición, conta este ano con 35 equipos, superando a participación do ano pasado e traducíndose en ao redor de 185 persoas facendo o percorrido. A proba discorrerá unha distancia de 5 quilómetros con saída desde a Alameda Castelao ata a rúa Alfonso XII, fronte á Casa do Concello, onde estará a meta.

Ademais da proba deportiva o evento contará cunha festa final a cargo de Pikota FM e servizo de bebidas para quen queira continuar celebrando o deporte na rúa.  Cervexa Keler do grupo Estrella Damm porá o grifo e a cervexa, axudando a promocionar o evento que tamén disporá de patrocinadores como Rodavigo – encargado das cestas de agasallo como premio- e o grupo Lirón que colabora económicamente. Os tres primeiros de cada categoría recibirán unha cesta con produtos gourmet valoradas en 150, 100 e 75 euros, respectivamente.

O dispositivo de tráfico comezará ás 17:30 horas no centro urbano afectando ás rúas Alfonso XII, Rúa Ribeira e Rúa Xeneral Rubín. Xa as 18.30 horas, xunto coas anteriores, procederaán ao peche ao tráfico da Avenida Ernestina Otero e a zona da Portela ata ás 22.00 horas, cando remata a carreira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará