Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla informativa co gallo da conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer

charla alzheimer

O psicólogo Gonzalo Soliño e a abogada Rosa Poveda serán os encargados de impartir esta charla que se celebrará no Multiúsos da Xunqueira este martes, día 24, ás 18.00 horas co gallo da conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer Unha actividade organizada pola Concellería de Servizos sociais e a asociación Afaga.

Baixo o título “Aspectos legais: Como abordar o coidado da persoa coidadora” a actividade está dirixida a familiares e persoas coidadoras e na mesma falarase sobre que é a enfermidade de Alzhéimer e os recursos existentes para as persoas afectadas. Tamén explicarán os trámites a seguir unha vez que se recibe o diagnóstico, así como o coidado da persoa coidadora para evitar o síndrome de “burnout”. Na segunda parte falarase das medidas de apoio a persoas con discapacidade, de como desaparece a figura da “Tutela” e aparece a de “Curatela”. Outras cuestións que se abordarán serán o Testamento vital e como actuar non día a día coa administración pública, Sergas ou entidades bancarias.

A charla está aberta á participación de toda a cidadanía. A concelleira Iria Vilaboa sinala que “o Alzhéimer é unha realidade moi presente na nosa vida e así hai que mostrala á sociedade”, e fai un chamamento á veciñanza para que participen “porque o Alzhéimer é cousa de todos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará