Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deportivo Delikia, Huracanes mixto e Huracanas gañadores da III Carreira Contrarreloxo

6

O Club de Altetismo de Redondela (CAR) celebrou o seu XII aniversario por todo o alto coa organización da III Carreira Cotrarreloxo por Equipos que tivo lugar este sábado 21 de setembro no casco urbano de Redondela.

A competición foi todo un éxito de participación con 35 equipos nas categorías masculina feminina e mixta, contabilizando máis de 180 atletas que se achegaron á vila. A proba completaba unha distancia de 5 quilómetros con saída desde a Alameda Castelao ata a rúa Alfonso XII, fronte á Casa do Concello, onde estivo situada a meta. Os atletas saíron a rúa para festexar e algúns deles mesmo foron correr ataviados con perrucas que puxeron o toque de humor da tarde do sábado.

Os tres primeiros de cada categoría recibiron unha cesta con produtos gourmet valoradas en 150, 100 e 75 euros, respectivamente. Os equipos gañadores foron: Club Deportivo Delikia, Huracanes mixto e Huracanas.

Ademais da proba deportiva o evento contou cunha festa final a cargo de Pikota FM, o DJ, Ramón Soage e servizo de bebidas para continuar celebrando o deporte na rúa.  Cervexa Keler do grupo Estrella Damm puxo o grifo e a cervexa, axudando a promocionar o evento que tamén dispuxo de patrocinadores como Rodavigo – encargado das cestas de agasallo como premio- e o grupo Lirón que colaborou económicamente.

Dende o CAR agradecen a axuda do Concello de Redondela,  Concellería de Deportes,  Policía Local – encargada do dispoitivo de tráfico e seguridade- e Protección Civil de Redondela. Así como patrocinadores. “Grazas Rodavigo , polo seu apoio continuo e incondicional ó deporte e ao Grupo Lirón pola súa aportación económica”, sinalaban dende a directiva nas redes sociais.  Para o club, outro dos grandes protagonistas da xornada foron os voluntarios, porque “grazas a todos eles que de forma desinteresada estiveron ó pé do canón foi posible a organización do evento”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará