Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman un parque canino en Chapela

Parque-Canino-5

Veciños e veciñas propietarios de cans de Chapela veñen de poñer en marcha unha campaña de recollida de sinaturas co obxecto de sumar apoios para que se dote esta parroquia dun parque ao que poidan acudir cos seus animais. Lembran a importancia de contar cun espazo seguro no que os cans poidan correr e xogar sen estaren atados a unha correa, polo que instan ao Concello a traballar nesta instalación.

Os promotores da iniciativa explican que “actualmente teñen prohibida a entrada aos parques” polo que precisan dalgún espazo no que soltar aos seus animais sen correr o risco de que estes escapen. Por ese motivo solicitan “un espazo valado amplo onde poidan xogar cos cans e estaren tranquilos de que non van ser atropelados ou poidan ocasionar dano a terceiras persoas”. Un parque canino sería así o lugar ideal para que as mascotas poidan correr e socializarse, sobre todo pensando naquelas que viven en pisos e non dispoñen de espazo ao aire libre

Malia que entenden que o máis axeitado sería un espazo verde a súa petición pasa por “calquera alternativa que permita ás mascotas gozar da liberdade e que estea dotada de papeleiras onde depositar os excrementos”.

As persoas interesadas en sumarse a esta iniciativa poden asinar a petición en diferentes locais da parroquia: D. María , Asesoría Vigo, Peluquería Evima, Barber Shop Cristian Pérez, Veterinario Rías Baixas, Farmacia Isabel Álvarez Bugarìn, Super 24 horas, Las Cositas de Rouss e as cafeterías Alecrín, Kima, Fiáns e Cediño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará