Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota do Choco e empates do Cesantes e o Villar

459958646_834552558663514_810082114384815044_n

Neste comezo de tempada contabilizamos a segunda derrota consecutiva do Choco en Preferente que suma xa tres xornadas, a primeira cunha vitoria na casa. O Atlético de Villar suma dous empates tamén consecutivos, curiosamente igual que o Cesantes que recolleron outro empate ante o SD Santome.

Preferente, Grupo 2

CD Choco – CD Barco (0-1)

Os de Félix Rial recibiron ao Barco e o marcador final rematou cun resultado de 0 fronte a 1 . O gol definitivo chegou no minuto 57’,  case a piques de rematar o partido. Os choqueiros levan xa tres xornadas nas que suman unha primeira vitoria emocionante na casa e dúas derrotas consecutivas, sen embargo aínda queda moita liga. Estamos no comezo e todo pode cambiar en calquera momento. A seguinte xornada visitan o Atlántico Matamá.

Primeira Galicia, Grupo 5

CD Arcade – Marcon Atlético (2-1)

Vitoria do Arcade na casa no Campo do Slagueirón cun resultado de 2 fronte a 1. O primeiro gol do rival chegou no minuto 22 e cinco minutos despois Agustín Amoedo poñía o empate no marcador.  David Campos meteu o gol da vitoria no minuto 47’ . Gracias a este partido suman 6 puntos e se sitúan de sétimos na táboa xeral.  A seguinte xornada visitan ao Cordeiro CF.

AT. Cuntis FSCD Soutomaior (1-3)

Os de Raúl González desprazáronse ao Campo de A Ran para xogar contra o Atlético Cuntis FS. O partido rematou nunha vitoria para os de Soutomaior que comezou forte metendo o primeiro gol no minuto 8’, o segundo chegaría pouco despois no minuto 12. Despois do descanso marcaban o terceiro gol da xornada e daban por sentenciado o partido. Os de Cuntis lograron marcar un gol no último minuto, pero insuficiente para arrebatarlles a vitoria.  Os goleadores foron Juan Manuel Martínez e Jose de la Torre. Gracias a esta vitoria suman 4 puntos e se sitúan de décimos na clasificación. A próxima xornada reciben ao Unión Dena CF.

Segunda Galicia, Vigo

AD Mosende – CD Atletico de Villar (2-2)

O Villar está vivindo un comezo de tempada emocionante no que levan dúas xornadas rematando en empate e no que hai xa ganas de celebrar unha vitoria. Os goles marcados no  Campo do Folón en Porriño forn de Eloy Ricon e Jorge Ocaña . A próxima xornada reciben ao Club Peñasco.

Terceira Galicia, Pontevedra 1

SD Santome – CD Cesantes –  (1-1)

Segundo empate tamén da liga para o Cesantes. Marcaron no primeiro minuto do partido, pero despois do descanso o rival conseguía chegar ao empate. O goleador volveu ser David Álvarez e na terceira xornada reciben ao Campaño SD. Con estes dous empates Cesantes suma dous puntos e sitúase de décimo primeiro, aloxándose dos postos de descenso.

O Cesantes comezou a tempada na casa o domingo 15 de setembro contra o Villa de Marín no Campo Municipal de A Gándara. O goleador foi David Álvarez, pero a pesar dunha intensa defensa non puideron frear o gol do rival no minuto 82´que pechaba o partido cun empate. Os

Terceira Galicia, Vigo 1

Chapela C.F. – CD Teis (1-2)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará