Hoxe é Martes 24 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protección Civil intervén en dous aparatosos accidentes en Chapela e O Viso

protección civil 1

Fotos: Protección Civil Redondela

Unha saída de vía en Chapela e un lume en O Viso mobilizaron aos membros de Protección Civil e a Policía Local que tiveron que intervir en ambos os dous sinistros na xornada do sábado.

O primeiro dos sucesos tiña lugar ás 15:00 horas do sábado cando recibían o aviso do 112 Galicia que alertaba dun vehículo ardendo nun galpón na parroquia do Viso. O lume foi extinguido polos propios veciños da zona antes da chegada dos servizos de emerxencia. Con todo, o GES de Mos interviu co obxecto de refrescar o vehículo, parcialmente calcinado, e ventilar a construción.

Menos de dúas horas despois, ao redor das 17:30h, recibían un segundo aviso por un accidente na estrada. Neste caso unha saída da vía en Chapela cun vehículo envorcado. Malia o aparatoso do sinistro non houbo que lamentar persoas feridas e a intervención, en colaboración con Policía Local e Garda Civil de tráfico, consistiu na sinalización da zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará