Facemos un repaso polos resultados da segunda xornada nas distintas ligas do Fútbol Sala que remataron con dúas vitorias, unha derrota e un empate para os equipos locais. O Redondela FS conseguiu a súas segunda vitoria consecutiva, mentres que o Arealonga FS suma a primeira da tempada. Non tiveron tanta sorte na mesma liga os do Campito Chapela que non conseguiron engadir puntos á clasificación na pasada xornada. En canto ao Pazos, este engade un punto a táboa tras o empate no seu debut local.
TERCERA DIVISIÓN NACIONAL FS, GRUPO 1
SD PAZOS DE BORBEN FS – 5 CORUÑA FS (4-4)
Empate do primeiro equipo do Pazos ante un moi bo 5 Coruña FS no seu debut local da tempada.
Os de Matilla sumaron un punto, nun vibrante encontro no que nos puxeron o marcador a 3-0 por diante, pero os coruñeses deron a volta ao marcador na segunda parte para poñerse no 3-4. Finalmente conseguiron igualar co xogo de cinco. Dende a directiva, sinalaban nas redes sociais que o partido resolveuse “cunha parte para cada equipo polo que se pode considerar como xusto o resultado. Os goleadores foron Fredo , Eloy , Jacobo e Joni .
Para a semana visitan ao C.D. Friol FF , equipo recentemente ascendido pero que está competindo moi ben neste inicio de competición .
PREFERENTE FUTGAL FS, GRUPO 2
AREALONGA FS CHAPELA – PECHECHES FS (5-3)
O Arealonga FS Chapela impúxose ao Pecheches FS no seu primeiro partido como local na volta do equipo a Preferente, despois dunha primeira saída complicada nas Neves. Suma a súa primeira vitoria ante a súa afección que sen dúbida os levou polo aire. Dende a directiva sinalan que “as casualidades do calendario quixo que se enfrontasen aos dous equipos que xogaron o play-off de ascenso, e que naquel momento levou o Pecheche, pero o fútbol sala é un deporte de oportunidade e desquites e o equipo aprendeu para corrixir erros e levar unha tan merecida vitoria como sufrida polo resultado”.
A próxima fin de semana visitan ao SD Abetos Gondomar FS.
REDONDELA FS RODAVIGO – CONCEPTO BY PERSA – A QUINTA DE TUI FS (5-3)
O Redondela FS suma a súa segunda vitoria consecutiva, despois de gañar no derbi contra o Campito Chapela no Pavillón Municipal Manuel González Soto. Gracias á vitoria da fin de semana pasada contra os de Tui, sitúanse de segundos na clasificación xeral por debaixo do Viariño FS co que está empatado a 6 puntos. Na próxima xornada visitan ao Balona Linense FS .
RESERPON POIO PESCAMAR F.S- CAMPITO CHAPELA F.S. (5-3)