Hoxe é Sábado 28 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reclama que a enquisa sobre o cambio de nome da rúa Alfonso XII inclúa como opción o nome do monarca

IMG20240905151944_01

O debate en torno ao cambio de nome da céntrica rúa redondelá continuará no pleno que se celebra este xoves ás 20:30 no Multiúsos. Malia que na última sesión plenaria a corporación acordou –cos votos en contra do PP- retirar o nome do Borbón do rueiro de Redondela e abrir unha enquisa popular para decidir a súa futura denominación, os populares queren abrir unha porta a que se manteña o nome actual. Por este motivo instan ao Goberno Municipal a que na enquisa que se vai a realizar “non se vete ningunha proposta incluíndo o nome de Alfonso XII”.

No pleno celebrado o pasado 5 de setembro aprobouse unha moción presentada por 20 colectivos de Redondela que foi asumida polo equipo de goberno e na que se establece o cambio de nome da Rúa Alfonso XII así como someter o seu nome futuro a consulta da veciñanza a través da paxina web do Concello propoñendo como primeira opción Rúa da Fraternidade.

PSOE, AER e BNG, apoiaron unha solicitude de 20 directivas de colectivos que, aseguran os populares “na maioría dos casos non consultaron aos seus asociados un tema tan delicado como este e algúns deles xa rectificaron publicamente retirando o seu apoio a proposta” e contra o desexo das máis de mil persoas que asinaron un escrito reclamadno que se mantivera o nome actual de Rúa Alfonso XII.

Engaden dende o PP que “coa consulta a veciñanza que se acordou para nomear a rúa, o equipo de goberno pretende dar unha aparencia de talante democrático. Pero a realidade é moi distinta xa que pretenden vetar a determinados nomes de rúa e impoñer outros na votación”. Por este motivo o grupo popular reclama que en dita enquisa “non se vete ningunha proposta que queiran propoñer os veciños e veciñas, incluíndo o nome actual da rúa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará