Xico de Carinho, Xan López e Tino Baz son algúns dos músicos que se subirán ao escenario mañá sábado ás 23:00 horas na Casa da Torre para homenaxear ao cantautor portugués Zeca Afonso.
Unha actividade incluída dentro do programa que está a desenvolver o colectivo Despiste de Redondela e que inclúe ademais unha exposición que se poderá visitar no albergue de peregrinos na primeira quincena de agosto onde se recompilan fotografías e documentos xornalísticos. Xico de Carinho destaca do Zeca, con quen compartiu escenario e amizade, o forte compromiso cos tempos que lle tocaron vivir, situacións que se trasladaron inevitablemente ás letras das súas cancións. Fala sobre todo dun home marcado pola solidariedade