Un pequeno escape de gas provocou unha explosión. A laparada causoulle a unha moza, que estaba a realizar labores de limpeza na cociña do bar, queimaduras de primeiro grao no brazo. O lume foi sufocado pola Policía Local e efectivos do Grumir
Un lume na cociña dun bar de Redondela causou onte queimaduras de primeiro grao a unha veciña de pazos de Borbén, Yolanda C.C. cando estaba a realizar labores de limpeza no establecemento. O suceso produciuse ás 20:15 na cafetería Mendiño cando a moza soltou de forma accidental a conducción dunha bombona de butano e produciuse un fogonazo que lle provocou queimaduras nun brazo
Unha patrulla da Policía Local e do Grumir apagoron o lume con tres extintores e retiraron as bombonas para evitar que se producira unha explosión. A muller ferida foi trasladada a un centro hospitalario para ser atendida das lesións que lle provocara o lume.