Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP insta ao goberno local a axilizar a recuperación da nomenclatura nas rúas do concello

RR_Noticias

Aseguran que se están a producir problemas no reparto da correspondencia, unhas incidencias que o concelleiro de urbanismo recoñece que se produciron en Chapela aínda que os atribúe ao “mal facer” dos traballadores de Correos nesa parroquia

O edil socialista Emilio González Iglesias, asegura que o proceso se está a desenvolver con normalidade e coa velocidade propia dunha medida que supón un elevado custe e un longo procedemento, xa que a concelleira responsable de interior está a xuntarse coas asociacións veciñais das diferentes parroquias para tentar recuperar a toponimia tradicional de lugares, rúas e barrios do concello. Unhas explicacións que non convencen aos populares quen acusan ao goberno de excesiva lentitude no cambio da nomenclatura o que, segundo afirma o popular Alberto Pazos, está a provocar problemas sobre todo no reparto de correo en Chapela, Santa Mariña, Cesantes e outras parroquias do municipio. González Iglesias si confirmou a existencia de problemas e erros no reparto en Chapela pero asegurou que se deben ao “mal facer de correos” que segundo o edil de urbanismo estarían a torpedear a medida.

Emilio González Iglesias PSOE
A recuperación da toponimia está a ser un proceso longo e costoso
Alberto Pazos PP
Os populares demandan maior celeridade no cambio de nomes nas rúas
Problemas na correspondencia
Gonzalez Iglesias responsabiliza aos traballadores de correos dos problemas no reparto en Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará