Foto de Patry Rivas
O Club SAR Balonmán ten por diante un intenso fin de semana no Pavillón Municipal de A Bomboneira con diferentes partidos: a semifinal da Copa Federación en Primeira Autonómica masculina, o primeiro partido na casa das mozas de División de Honra Para Feminina e o Play-off da liga ouro das xuvenís.
O equipo de Primera Autonómica da SAR disputa a Semifinal de la Copa Federación o sábado 28 ás 20.15 horas no Pavillón de A Bomboneira contra ao Seis do Nadal Coia.
Por outra banda, na mesma xornada, celebrase o primeiro partido das mozas de DHPF da SAR na casa. Será o Domingo 29 ás 12.00 horas contra o Juventud Las Palmas.
As xuvenís da SAR desfrutarán do seu play-off para a lLga Ouro tamén na casa. Enfrontaranse o venres 27 ás 21.15h ao SD Teucro; o sábado 28 ás 18. 15 horas ao Balonmán Chapela, nun interesante derbi; e o domingo 29 ás 18.15 horas xogan contra o Balonmán Xiria.
As infantís da SAR disputan en Redondela o Play-off Infantil feminino no que buscarán unha praza na Liga Ouro. Enfrontaranse o venres 27 ás 18.15 horas ao Rasoeiro BM; o sábado 28 ás 12:00 horas ao Sanxenxo Balonmán e o Domingo 29 ás 10:00 horas ao Balonmán Cisne.
PARTIDOS FÓRA DA CASA
O equipo de Primeira Autonómica do BM Chapela xoga a Semifinal da Copa Federación contra o Poio Artai no Pavillón Municipal A Seca en Poio.
As xuvenís das Choqueiras comezan o Play-off para clasificarse para a Liga Ouro que se disputará durante todo o fin de semana en Porriño. O primeiro encontro é o venres contra o BM Arousa.