Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación realiza obras en Soutomaior por valor de medio millón de euros

RR_Noticias

O presidente do organismo provincial. Rafael Louzán, visitou na mañá de onte xunto co alcalde de Sotuoamior, Agustín Reguera as obras que a entidade provincial está levando a cabo na estrada provincial 2901 Viso-Alxán e na rúa Rosalía de Castro, e no campo de fútbol do municipio.

A actuación máis importante é a que se está a desenvolver na rúa Rosalía de Castro, obras de mellora e humanización cuxo orzamento total nesta vía é de 499.990 euros, dos cales a entidade provincial achega 349.990 euros e o resto o Concello. A obra inclúe beirarrúas, aparcadoiro e calzada de circulación no tramo comprendido entre Xosé Solla e Alfonso Castelao mentres que  no tramo entre Alfonso Castelao-Estación, proxéctase unha sección de 12,10 metros dividida en beirarrúas de 1,80 metros, unha parada de taxis e a calzada de circulación de 6,50 metros.6
Os políticos visitaron tamén a estrada provincial Cesantes-Viso-Alxán onde se stán a realizar obras pro valor de 123.245,56 euros, consistentes no ensanche e mellora do pavimento da vía nun tramo de 180 metros así como a inclusión de cunetas revestidas de formigón para garantir os desaugadoiros.
A última das actuacións que se está a realizar na zona afecta ao campo de fútbol de Soutomaior, no que a entidade provincial proxecta unha serie de melloras que inclúen: o acondicionamento dunha superficie de 59,40 m2 mediante a edificación dun local de planta baixa con vestiarios, aseo e almacén. O orzamento previsto para esta actuación é de 49.980,08 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará