O incendio, que se producía pasadas ás dúas da tarde quedou rapidamente sufocado grazas á intervención dos servizos de emerxencia. O lume comezou moi próximo ao Colexio Vigo
Efectivos da Policía Local, Nacional, o Grumir así como un helicóptero de Medio Rural participaron na xornada de onte na extinción dun lume que se producía pasadas as dúas da tarde nunha leira nas inmediacións do Colexio Vigo.
Afortunadamente o incendio, que se iniciaba nunha finca onde arderon mil metros cadrados de terreo forestal, foi rapidamente sufocado o que impediu que se visen afectadas tanto as vivendas próximas como o propio centro educativo.
En menos de unha hora o lume quedou completamente extinguido.