Hoxe é Sábado 5 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concello e veciños alegan contra o polígono de Louredo

parque empresarial

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que este parque empresarial que se prevé construir en terreos de Mos e Redondela“está próximo a núcleos de poboación e pode ter un impacto negativo tanto no medio ambiente como na paisaxe e no patrimonio do territorio”. Súmase así ás alegacións presentadas polos colectivos da parroquia de Vilar, asociacións que lembran á veciñanza que hoxe remata o prazo de exposición pública e animan a calquera particular ou colectivo a sumarse a estas demandas.

O Concello de Redondela, tal e como xa fixera no ano 2022, vén de presentar varias alegacións contra o polígono industrial de Louredo (Redondela-Mos)  proxectado pola Xunta de Galicia e que afecta a terreos da parroquia de Vilar de Infesta. A alcaldesa subliña que dende o goberno solicitaron un informe técnico para presentar as alegacións correspondente.

Neste informe técnico sinálase que o Documento de análise e Avaliación ambiental do polígono “non tivo en conta os condicionantes en materia de protección de leitos de auga existentes na zona, nin de protección de patrimonio cultural e etnográfico”. Engade o Concello nas súas alegacións que o planeamento para o futuro polígono “debe protexer a biodiversidade e incluír accións de mellora do medio rural e natural”. Os prexuízos para o patrimonio de Vilar son motivo tamén de alegacións contra este polígono industrial, pola proximidade do xacemento Mámoa dos Valos e por coincidir co trazado do Camiño de Santiago que pasa pola parroquia.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Alegacións que se suman ás tamén presentadas polas asociacións desta parroquia quen insisten que o o parque industrial de Louredo, que contempla a ocupación dunha superficie de 400.000m2, principalmente no concello de Mos pero con afeccións tamén en Redondela “carece de interese público” e que, pola contra, terá un importante impacto pola proximidade aos núcleos de poboación causando graves danos no medio ambiente e no patrimonio.

José Manuel Lago, Vilar

Responsables do goberno local reuníronse con representantes veciñais da parroquia de Vilar nunha xuntanza á que asistiu tamén o equipo técnico que elaborou as alegacións. A reunión serviu para trasladarlle á veciñanza o traballo feito desde o Concello e as alegacións que agora se presentan contra o plan de ordenación do Polígono de Louredo dentro do prazo de consulta pública que remata hoxe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará