Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Voluntarios retiran máis de 200 kilos de lixo do río Verdugo

foto grupo recollida de lixo Soutomaior

Medio cento de veciños e veciñas participaron este domingo na iniciativa “Móllate polos ríos” que no concello de Soutomaior desenvolveuse nun tramo de ribeira do río Verdugo e o Daión, retirando todo tipo de lixo das beiras e a canle dos ríos. Latas, botellas, chapas metálicas e outro tipo de desperdicios foron recollidos polos voluntarios que se sumaron a esta limpeza simultánea convocada por Adega en 56 concellos de toda Galicia.

A XVIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” chegou tamén a Soutomaior. Unha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social na que participaron tamén o Concelleiro de Medio Ambiente, Pablo Garrido,  e a concelleira de Medio Rural e Comunidades, Charo Bouzón.

A concienciación medioambiental foi un dos piares principais desta convocatoria, onde tamén se incidiu na importancia dos ecosistemas fluviais e da correcta xestión dos residuos e na que participaron máis de 50 veciñas e veciños quen traballaron arreo na retirada de lixo ao longo de toda a mañá,  así como na eliminación da flora invasora, dun tramo da ribeira do río Verdugo e Daión. Grazas ao éxito da convocatoria, un grupo de persoas tamén se achegou ata a zona do  Refuxio de Pescadores. Ao remate da xornada retiráronse do río máis de 200 kilos de lixo que nunca debería ter estado alí. As persoas que colaboraron levaron como agasallo unhas camisolas co lema da limpeza.

Voluntariado Ambiental

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará