Hoxe é Sábado 5 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitorias do Choco, o Villar e o Arcade

460556725_960440575803861_2217592092302878252_n

O CD Choco (Preferente) o CD Arcade ( Primeira Galicia) e o CD Atletico Villar (Segunda Galicia) deixan un fin de semana de vitorias locais nas diferentes ligas.

Preferente

ATLANTIDA MATAMA – C.D. CHOCO (1-2)

O Choco visitou ao Atlantida Matamá este domingo no campo Penedo da Moo, onde conseguiu remontar un partido emocionante no que o anfitrión non llo puxo fácil.  O partido comezou cun gol dos vigueses no minuto 9’, sen embargo só cinco minutos despois marcaban o gol do empate para despois dominar o partido ata o final e conseguir alcanzar a vitoria no minuto 47’ co segundo gol. O resultado foi 1- 2, con dous goles desde fóra da área, de Marcos torres e Pardavila, déronlle a volta ao marcador.

A próxima xornada reciben ao S.D. Juvenil Ponteareas.

Primeira Futgal,  grupo 5

C.D. SOUTOMAIOR – UNIÓN DENA C.F. (2-2)

O Soutomaior viviu un emocionante partido na casa que rematou en empate e co que suman un punto á táboa xeral que os coloca na metade da clasificación xeral. Están facendo moi bo comezo de tempada, a pesar de estar estreándose na categoría.  O próximo domingo visitan ao San Adrián en Vilaboa.

CORDEIRO C.F. – C.D. ARCADE (1-2)

 O Arcade venceu na súa visita Cordeiro CF gracias ao doblete de Nando para remontar o encontro tras empezar perdendo no minuto 6’. Despois desta vitoria sitúanse de quintos na clasificación xeral, empatados co Vilaboa a nove puntos. Esta é a súa terceira vitoria en catro xornadas de liga e o próximo domingo reciben na casa ao Flavia SD no Campo do Salgueirón.

Segunda Galicia, Vigo

C.D. ATLETICO VILLAR- CLUB PEÑASCO (3-0)

Vitoria ampla do Atletico Villar na casa. Enfrontáronse ao Club Peñasco e conseguiron un resutlado de 3 fronte a 0. Nestes momentos están de oitavos, máis arriba da metade da táboa e facendo moi bo comezo de tempada. O próximo domingo visitan ao Salvatierra.

Terceira futgal, Pontevedra, grupo 1   

C.D. CESANTES – CAMPAÑO S.D (2-3)

O cesantes no tivo tanta sorte e perdía na casa, no campo da Gándara,  contra o Campaño cun. Loitaron ata o final, pero non puido ser. De momento non conseguiron gañar ningún partido pero suman dous empates que os afasta da zona de descenso. Aínda queda moito por determinar e a próxima xornada visitan ao Terra de Montes, equipo forte situado de sexto.

Terceira Galicia, Vigo 1

CELTA ACADEMY – CHAPELA C.F. (1-0)

O Chapela CF aínda non conseguiu sumar ningún punto. Este é o terceiro partido perdido, pero lonxe de desanimarse continuarán pelexando nos doce partidos que quedan da primeira volta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará