Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rematadas as obras de mellora no porto de Arcade por valor de 260.000 euros

RR_Noticias

A conselleira do Mar visitou esta mañá as obras realizadas a través de Portos de Galicia que supuxeron melloras nos vestiarios, a construcción dun almacén e arranxos e acondicionamento do exterior do edificio

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, e da delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, visitou esta mañá as melloras emprendidas nas instalacións do porto de Arcade, en Pontevedra, que lle supuxeron ao departamento autonómico unha inversión superior aos 260.000 euros. En concreto, a obra que supuxo un maior aporte económico por parte da administración foi a da construcción de vestiarios e dun pequeno almacén para as mariscadoras de a flote. Unha remodelación valorada en 57.819 euros e finalizada o pasado mes de xuño. Ademais os mariscadores da Confraría de Arcade dispoñen dun almacén xeral anexo á lonxa cunha superficie de 90 metros cadrados e doutro auxiliar, de 27 metros, destinado a almacenaxe de útiles e aparellos de pesca. Unhas edificacións que requiriron o aporte dende Mar de máis de 56.802 euros. Ademais do novo pintado exterior cun custe de 7.780 euros, o edificio da lonxa tamén conta cun novo pavimento de 200 metros cadrados de resina, que xunto a mellora do desaugue e o pintado dos piares e das piscinas das anguías, supúxolle ao departamento autonómico unha inversión total de 24.430 euros. As melloras complétanse coa remodelación e acondicionamento como zona de paseo e descanso da explanada de formigón situada na parte traseira da lonxa, por máis de 57.872, 40 euros; e coa ampliación do pantalán cun módulo de aluminio de 8 x 2,5 metros de lonxitude, por máis de 10.500 euros.

Rosa Quintana Conselleira do Mar
A popular visitaba hoxe as obras en Arcade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará