Os de Chapela suman o seu primeiro punto da tempada e os de Pazos mantéñense no liderado.
Terceira División Nacional FS, Grupo 1
CONCELLO DE FRIOL FS – S.D. PAZOS DE BORBEN FS (2-7)
Tres valiosos puntos para o primeiro equipo do Pazos na visita ao Friol. Os de Matilla venceron cun resultado de dous fronte a sete nun partido no que sempre foron por diante. Os goleadores foron Luis con 4 goles, Jacobo, Eloy e Fredo. Nestes momentos sitúanse de cuartos na clasificación xeral, con sete puntos e tres xornadas xogadas. Están empatados no terceiro posto do podio co 5 Coruña FS.
Para a semana teñen programado o primeiro derbi provincial da temporada, reciben ao Bueu.
Preferente FS, Grupo 2
S.D. ABETOS GONDOMAR F.S.- AREALONGA FS CHAPELA (6-4)
O Arealonga non puido vencer este domingo na súa visita ao Gondomar, perderon cun resultado de seis fronte a catro. De momento gañaron un partido e suman tres puntos que os sitúa de 11º. A próxima xornada xogan na casa e reciben ao Cesures.
BALONA LINENSE FS – PASTELERIA CANELA-REDONDELA F.S. RODAVIGO (5-3)
Tampouco vencía o Redondela FS fóra da casa. Perderon o seu primeiro partido da liga na súa visita ao Balona Linense cun resutlado de 5 fronte a 3. A próxima xornada tentarán arrincar algún punto e seguir subindo na clasificación xeral. Reciben ao Pizarras los tres Cuñados F.S.
CAMPITO CHAPELA F.S. – BAIÑA F.S.- GRANICHAN (3-3)
Na liga preferente o único que saíu ven parado esta fin de semana foi o Campito Chapela cun empate a 3 puntos na casa. Recibiron ao Baiña , un equipo forte situado de cuarto na táboa xeral. Gracias a este empate suman un punto e continúan co obxectivo da permanencia. A próxima xornada visitan ao Beiramar, outro equipo en boa racha que non llo poñerá fácil aos de Lago Silva.