Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama a Fomento o informe de impacto ambiental da ampliación da AP-9

RR_Noticias

Os nacionalistas rexeitan que se realice a obra de ampliación en Rande amparándose en que non resolve os problema de circulación e poñendo de relevo as consecuencias ambientais e sobre o patrimonio arqueolóxico que podería conlevar a ampliación da vía. Reclaman pola contra que se axilice a construcción da A-57 ou a A-59

A nacionalista Olaia Fernandez Davila volveu insistir, nunha pregunta parlamentar presentada no Congreso dos deputados, que é necesario priorizar a construcción da autovía gratuíta paralela á AP-9 en lugar de empregar cartos públicos na ampliación de Rande. A deputada lamentou, na súa pregunta ao Ministerio de Fomento, que o goberno priorice actuacións nunha vía de alta capacidade en concesión, cando os proxectos da A-57 e A-59 plantexáronse libres de peaxe. Os nacionalistas lembran que ademais de non resolver o problema de tráfico e de acceso á cidade de Vigo a ampliación de Rande terá un importante impacto ambiental e arqueolóxico e preguntan ao goberno sobre a posibilidade de emitir unha declaración de impacto ambiental do proxecto.. O B NG reclama tamén información sobre o futuro das dúas autovías gratuítas proxectadas para o sur de Galicia.

Olaia Fernández BNG
O bloque lamenta que se priorice a ampliación de Rande antes que a A-59

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará