Hoxe é Sábado 5 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruta guiada polo Pexegueiro para coñecer o patrimonio material e inmaterial

pexegueiro

Coñecer o patrimonio que hai detras dos camiños que percorren as parroquias de Redondela é o mellor xeito de poñer en valor estes lugares que poden ser, ademais dun espazo de ocio, unha alternativa para nos desprazar por vías afastadas do tráfico, o ruído e a polución. A cita este venres día 4 sairá ás 18:00 horas dende o Paseo Pexegueiro (ao carón da piscina municipal).

O Concello de Redondela organiza esta saída guiada que permitirá coñecer os “tesouros do río pexegueiro”. Para iso, os participantes contará coas explicación do guía Alvaro Diego Fuentes do proxecto Tarabelo, quen achegará información sobre o patrimonio natural e etnográfico da zona, con referencias aos diferentes elementos que atopamos neste percorrido como muíños, petos de ánimas, lavadoiros..

Un patrimonio rodeado de historias e lendas cuxo coñecemento permite tamén unha maior vinculación co territorio polo que “é importante tamén completar as explicacións facendo referencia a todo ese patrimonio inmaterial que rodea o territorio”.

Para a realización da actividade é preciso levar calzado cómodo. A saída será do venres será ás seis da tarde cunha duración aproximada de 3 hroas e media. A actividade é de balde. Máis información no enderezo electrónico turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará