Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O gaiteiro Xuaco Amieva e a banda de Álvaro Costas actúan na praia fluvial de Fornelos

RR_Noticias

Un total de cinco agrupacións musicais participarán no concerto que terá lugar o venres día 6 na praia fluvial do concello. Previamente e durante todo o día poderase degustar polbo e churrasco nas carballeiras e arredores da praia amenizado o xantar polo grupo de música tradicional “A pedra arca”.

Xa pola noite subiranse ao escenario a banda de gaitas do concello de Fornelos, e os grupos folk Renato Spencer & Café Caxasa e Zurrumalla. Actuará tamén o gaiteiro asturiano Xuacu Amieva e a súa banda e, dende Vigo, chegará a banda liderada por Álvaro Costas, recentemente premiada no festival de Ortigueira. Un festival folk que celebra a súa XI edición e que está enmarcado dentro das Festas na honras de San Lourenzo e o Santo Cristo de Fornelos que continuarán na vindeira semana o día 9 cos tradicionais actos relixiosos e a verbena a partir das 23:00 horas amenizada polas orquestras Triunfo e Tokío. O martes día 10 as 21:30 actuarán a banda de música de A Estrada e a continuación haberá baile nocturno con Sintonía de Vigo e Gran Parada, dúas grandes orquestra para amenizar o día grande das festas O último día, o mércores 11 será a banda de música de Redondela a encargada dos pasarrúas e as orquestras Millenium e Alkar as que pecharán a xornada coa verbena a partir das 23:00 horas.

Cayetano Tamaño comisión de festas
Fala das actuacións que se poderán ver na praia fluvial
Festas de San Lourenzo
Ademais do festival haberá outtras citas ata o vindeiro mércores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará