Nesta nova entrega da sección “Carreira de fondo” cotamos con Adrián Piedras graduado en Dereito pola universidade Carlos III de Madrid. Imos falar do seu proceso académico e de oposición no que é todo un experto. Superou e conseguiu praza en tres oposicións distintas: Corpo Superior da Xunta (A1) Libre e Estabilización, Corpo de Xestión da Xunta (A2) e Corpo de Xestión da Administración Civil do Estado (A2).
Conversamos sobre as dificultades do proceso de opositar e ofrécenos consellos moi útiles para as persoas que queiran sueperar estas probas con éxito. Aínda así, como todos e todas sabemos é algo que non é sinxelo e para o que “tes que ter moi claro o que queres, porque vas sacrificar moitas partes da túa vida a favor do teu obxectivo”, sinala Adrián.