Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As patinadoras Laura Albán e Lidia Couñago reciben o recoñecemento “Orgullo redondelán”

Orgullo Redondela Patinaxe

As patinadoras redondelás Laura Albán e Lidia Couñago, quen remataron en 6º lugar no Mundial ‘World Skate Games’ celebrado o pasado mes de setembro en Italia, veñen de recibir este recoñecemento co que o Concello quere poñer en valor o seu esforzo. Ambas deportistas forman parte do grupo de patinaxe do club Ribex de Tui, que acadou o bronce no Campionato de España de Patinaxe artística.

As deportistas recibían este xoves o diploma “Orgullo redondelán” e mais a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, nun acto no que participaron tamén o concelleiro de Deportes, Iván Valles, e o de Infraestruturas Roberto Villar. A rexedora sinalou que este acto é “un recoñecemento e homenaxe polo seu traballo e méritos deportivos nesta disciplina”. Rivas felicitounas polos seus éxitos e fixo fincapé no esforzo que supón “compaxinar os adestramentos co traballo e os estudos para manterse na elite da patinaxe, o que é un gran mérito”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará