- Este evento pasou.
Pago do IBI
Outubro 18 @ 08:00 - 17:00
O venres 18 de outubro remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Finalizado este prazo aqueles contribuíntes que non tiveran realizado o pago deberán enfrontarse aos recargos correspondentes.
Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank, BBVA ou Banco Santander, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela na Rúa Ernestina Otero 35 baixo (horario de atención ó público : mañás de luns a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns a xoves de 16:00 a 18:30 horas) ou descargarse o recibo dende a páxina web do Concello www.redondela.es, no apartado de recadación, introducindo os datos que se lle requiran para a súa expedición; tamén poderán efectuar o pago online a través do enlace existente na páxina web do Concello. Máis información no teléfono 986408391.