Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un verán de récord na oficina de turismo de Soutomaior con máis de 16.000 persoas

DSC09497

A Oficina de Turismo confirmou a cifra máis alta desde que existen rexistros. En total, entre os meses de xuño e setembro, este servizo atendeu máis de 16.000 persoas. En comparación co ano pasado, no que xa se rexistraran os mellores datos históricos con case 4.000 persoas, supón un incremento do 300%, multiplicando por catro o numero de persoas atendidas.

A concelleira de Turismo, Silvia Cernadas, entende que “esta evolución dos datos referenda o traballo realizado polo goberno local desde o comezo do mandato á hora de potenciar o atractivo turístico do noso concello”. Entre as principais medidas impulsadas salienta o traslado da Oficina de Turismo desde o Muelle de Arcade ata o barrio da Feira, en pleno Camiño de Santiago, a entrada de Soutomaior na Rede de Oficinas de Turismo ‘Info Ríasbaixas’ e a consecución dunha subvención de 7.000€ para a contratación de persoal.

Pola súa parte, o alcalde, Manu Lourenzo, sinalou que “os datos de atención ao público na Oficina de Turismo confirman que o noso concello estase a converter cada vez máis nun destino de referencia para as persoas que non son de aquí”. Salientou que “hoxe Soutomaior ten unha axenda de actividades que é envexa en toda a provincia, converténdose nun dos principais foco de atracción de visitantes de toda a Ría de Vigo. A iso cómpre sumarlle o noso inmenso patrimonio natural e histórico, a ampla e excelente oferta gastronómica dos nosos negocios de restauración e todos os servizos que pon a disposición das persoas o Concello de Soutomaior. No Goberno de Soutomaior imos seguir traballando para seguir potenciando todos eses ámbitos”, concluíu o alcalde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará