Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela rexeita a suba do canon de Sogama que suporía un custe extra de 220.000 euros

lixo redondela

A corporación de Redondela rexeita a suba do canon do lixo e reclama á Xunta un cambio no modelo de xestión de residuos cara unha xestión descentralizada con plantas de proximidade, primando a redución e a reciclaxe fronte á incineración e o depósito en vertedoiros. AER e BNG apoiaron a moción presentada polo PSOE. O PP votou en contra e denunciou a escasa implicación do goberno local na difusión da reciclaxe “Redondela recicla só o 10% do lixo que produce”.

Os socialistas levaban ao pleno unha moción na que instan á Xunta de Galicia “a que non suba o canon da xestión dos residuos”. reclaman que se manteña o prezo actual e que concedan axudas económicas aos concellos para a implantación da reciclaxe de biorresiduos,é dicir, para a implantación do contedor marrón para o tratamento diferenciado dos residuos orgánicos.

Iria Vilaboa, PSOE

Un debate que serviu para que o concelleiro de Infraestruturas, Roberto Villar adiantara que o goberno está a valorar un incremento no recibo do lixo “o servizo de recollida “está subvencionado en exceso por parte do concello o que fai que a cidadanía pague tan só 800.000 euros dos dous millóns que lle custa a xestión do lixo as arcas municipais”. Asegurou que “Redondela ten o recibo do lixo máis barato de toda a provincia de Pontevedra e que ou se sube este impoto ou non vai haber cartos para facer outros investimentos”.

Roberto Villar, AER

O BNG aproveitou a súa intervención para lembrar “a mala xestión do lixo por parte da Xunta e a favor de Sogama, empresa que se beneficia de prácticas pouco sustentables como é a incineración”. Insistiu na cifra de 220.000 euros a maiores que Redondela terá que pagar a maiores no caso de aplicarse esta suba do canon. Reclamaba o edil Xoán Carlos González que se poña en marcha outro modelo de xestión e de redución do lixo en orixe. Rexeitou tamén as subas das taxas defendidas dende o goberno local “porque o que hai que saber é xestionar co que se ten”.

Xoán Carlos González, BNG

Rexeitaba tamén o PP un incremento da taxas “o que hai que facer é priorizar os gastos” e poñía o acento o edil popular, Miguel Angel Álvarez, na pouca capacidade de reciclaxe do noso municipio “o 90% do lixo que producimos vai a Sogama e tan só se recicla un 10%, dos once millóns de kilos producidos en fogares e negocios, dez millóns foron para Sogama”. Culpabilizou en gran medida deste feito ao goberno local “por non facer pedagoxía coa cidadanía para que os desperdicios non acaben no contedor xeral, se ese lixo fora a parar aos contedores de reciclaxe non se pagaría por eles”.

Miguel Ángel Álvarez, PP
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará