Victoria do primeiro equipo no primeiro derbi provincial do ano na Terceira División do fútbol sala. Soubo competir moi ben os xogadores de Matilla para imporse 4-1 a un Bueu que mostrou unha boa imaxe en Pazos. Marín, Jacobo e Luis foron os encargados de traspasar a meta do Bueu e lograr unha vitoria que sitúa aos de Pazos no cuarto posto da categoría.
Pazos de Borbén 4- 1 Bueu
Explicaba o adestrado Matilla que foi “un partido moi competido, cunha primeira parte onde os dous contrincantes amosaron moi bo nivel e tiveron ocasións de cara a portería. Xa no segundo tempo o Pazos foi quen de incrementar a presión ata chegar ao definitivo 4-1
Na próxima semana os de Pazos repiten como anfitrións. Defenderán a súa cuarta posición ante o Concello de Begonte.
PREFERENTE
Non houbo sorte para os equipos de Redondela que militan nesta categoría. Tres partidos e tres derrotas.
O Redondela caía na casa ante o Pizarras los tres cuñados. O Arealonga caía nun partido disputado en Chapela ante o Cesures, mentres que o Campito non foi quen de facerlle fronte a un imparable Vincios Gondomar.
Redondela FS 2-4 Pizarras los tres Cuñados
Arealonga Chapela 3-5 Cesures
Vincios Gondomar 8-1 Campito Chapela
Na vindeira semana o Redondela FS xoga no campo de As Neves, o Campito xogará no campo do Cesures e o Arealonga recibirá ao Valladares