Hoxe é Mércores 23 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco cae en Santa Mariña ante o Xuvenil Ponteareas

cd choco

Un partido disputado no campo de Santa Mariña no que os locais amosáronse moi superiores aos seus rivais, sobre todo na primeira metade do encontro. Con todo, os visitantes aproveitaron as súas ocasións facéndose cos tres puntos en xogo e penalizando a falta de acerto local na primeira parte. O equipo sitúase na decimoterceira praza da preferente e na vindeira semana xoga no campo do Atios.

Choco 1-2 Juvenil Ponteareas

Dende os primeiros compases do partido o Choco mostrouse moi superior ao seu rival, con transicións rápidas que xeraban moito perigo nas inmediacións da área de Dani Pérez. Porén, as finalizacións non eran o suficientemente precisas como para mandar ó Choco cunha grande vantaxe ao descanso. Quen si foi efectivo foi Pardavila no minuto 16, que tras unha gran volea de longa distancia puxo por diante ós choqueiros. Poucos minutos despois, un Juvenil que apenas chegara con perigo, conseguiu o empate da man de Allan, que aproveitou unha segunda xogada logo dunha gran parada de Cortegoso. O Choco seguiu xerando importantes ocasións, pero sen efectividade. Bauti case na liña de gol e Jonás nun man a man co porteiro non conseguiron poñer por diante de novo ós de Redondela.

Na segunda metade o ritmo de xogo baixou considerablemente. O Choco non tivo tanta claridade en ataque e o Juvenil, que foi pouco a pouco cara atrás sabendo o valioso que era o empate, tivo algunha ocasión por alto que non conseguiron materializar. A presión de xogar en casa e o alento da afección empurraron ós choqueiros para acantoar ós de Ponteareas. Non houbo grandes oportunidades. Serían os visitantes nos minutos finais os que se puxeron por diante dende o punto de penalti grazas a Enrique, que enganou a Cortegoso.

Na próxima xornada o Choco tratará de recuperar sensacións de xogo a domicilio ante o Atios.

Primeira Futgal,  grupo 5

San Adrián 1-1 Soutomaior

O empate no campo do San Adrián deixa aos de Soutomaior na novena praza. Na vindeira semana xogan na casa e reciben a un dos equipos da parte alta da táboa. O Puebla, segundo clasificado

Arcade 1-0 Flavia

Mellor lle foron as cousas aos xogadores do Arcade que se impuxeron nun partido disputado na casa. Cuartos da categoría defenderán esta posición na vindeira semana na casa do Campo Lameiro

Segunda Galicia, Vigo

Salvaterra 1-0 Atlético Vilar

Os de Vilar  caeron pola mínima nun partido disputado en terras do Condado Paradanta.  A próxima cita será na casa onde reciben ao líder do grupo, o Colexio Hogar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará