Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación cultural de Chapela impulsa a formación e as actividades de lecer entre os máis de 500 alumnos matriculados

asociación chapela

O novo curso arranca con máis de medio milleiro de alumnos e alumnas matriculados e un total de 30 profesores que se encargarán de impartir as clases que se desenvolverán nos vindeiros meses e que abarcan todas as idades. A Asociación Cultural e Social de Chapela salienta estas cifras como exemplo da “importancia desta entidade, como divulgadora e como motor económico a través da cultura”.

Explican que neste novo curso hai novidades cunha ampla oferta de actividades pensadas para todas as idades que se imparten tanto no Multiusos Piñeiral do Crego como na Escola de Música de Chapela, no baixos edificio do pavillón municipal da parroquia.

Dentro das actividades impartidas nas instalacións do multiusos, ofértanse actividades de formación como cursos de inglés escolar, manualidades para adultos e nenos/as, pintura, debuxo, costura ou reforzo escolar.  Na sua Escola de Baile impartiranse clases de Baile infantil , bailes latinos e zumba, e nas actividades de mantemento, ofértase ximnasia musicalizada, Pilates, Ioga e defensa persoal.

En canto a programación orientada os maiores que presenten dificultades en mobilidade ou necesiten reforzo en movementos haberá clases de biodinámica e, como novidades para este curso, inclúen dentro da súa oferta formación en teatro e un curso de coiro.

Escola de música

As actividades impartidas na escola de Música de Chapela ofértanse clases en máis de 20 especialidades instrumentais, linguaxe musical, xardín musical para os máis pequenos, así como a posibilidade de formar parte  dos seus grupos musicais, Banda de Música , banda escola, grupo de pandeiretas ou gaitas e nos diferentes grupos de cámara cos que conta o centro.

Como novidades retómase para este curso as clases de Ludoteca musical, onde os cativos de 0 a 3 anos, acompañados por un adulto, empezarán a tomar contacto coa música, proporcionando un estímulo cognitivo e emocional, quedando fixado na memoria do neno e creando un vínculo de coidado, tranquilidade e seguridade entre a nai /pai e o bebe.

A Escola de Música está tamén traballando nun novo proxecto terapéutico á vez que divertido a través de música, e dirixido especialmente a persoas maiores, no que se traballará para mellorar os aspectos cognitivos, físicos, sociais e emocionais e sempre disfrutando tanto coa música como o baile.

A matrícula para todas as actividades ofertadas segue aberta ata completar dispoñibilidade de prazas. As persoas interesadas poden ampliar a información nos teléfonos 986452244 – 607883588, nas oficinas dá Asociación, no Multiusos de Chapela e na Escola de Música nos baixos do Pavillón de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará