A agrupación presentará na praza de Meixón Frío un repertorio de temas populares da década dos 50, que foron recuperados logo dun intenso traballo de recuperación de textos. A actuación é o xoves ás 21:00 horas
Recuperar as cancións que se cantaban no entroido na década dos 50, remontándose nalgúns casos a décadas anteriores como os anos 20 e 30 é o obxectivo da rondalla de Redondela, creada recentemente a partir da comparsa Tío Emilio Unha agrupación que mañá xoves ás 21:00 horas actuará no Meixón Frío dentro do programa de actuacións que organizan os locais a Tenda de Candelaria, Café da Vila e o Escondidiño. Habaneras de sempre chegadas dende o outro lado do Atlántico pero sobre todo temas musicais do cancioneiro popular, importados do Entroido uruguaio e adaptados a idiosincrasia local son os que se van escoitar no escenario interpretados polos 25 membros que integran esta rondalla. E detrás da música un traballo de recuperación onde foron imprescindibles os textos aportados por particulares que aínda gardaban nas súas casas algúns folletos onde se recollen os temas escritos e, como non, votando man dos maiores “os informantes” que aínda lembras os ritmos e as melodías destas músicas. No futuro os membros da rondalla non desbotan a posibilidade de gravar os temas recuperados para así evitar que se perdan no futuro.