Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Setenta gatos adoptados avalan o éxito do programa municipal para buscar un fogar a animais abandonados

lola

Lola é unha das gatas adoptadas dentro do programa municipal

Na campaña que arrancou no ano 2023 o Concello retirou da rúa un total de 54 gatos que xa están adoptados por familias. Neste 2024 o número de animais recollidos foron 18. O obxectivo do programa é atender a aqueles animais que se atopen en situación de desamparo, ben porque está feridos ou en estado de abandono. A concellería de Sostibilidade traballa tamén directamente nas colonias, onde xa foron esterilizados un total de 300 individuos.

O Protocolo de Actuación para a Recollida de Felinos, elaborado directamente pola concellería de Sostibilidade está orientado a “atender aos animais de raza felina que están desamparados, feridos ou que se atopen en estado abandono”. Outro dos obxectivos será “identificar casos de maltrato ou abandono animal e adaptar os procesos de recollida dos gatos da vía pública á nova lei de Benestar Animal”. Lembra Villar que a recollida de animais extraviados e abandonados e  seu aloxamento nun centro de protección animal é unha obriga dos Concellos. No caso dos cans Redondela ten un convenio con CAAN, dependente da Deputación de Pontevedra “pero no caso dos gatos era necesario establecer un regulamento”, sinala o edil.

O novo protocolo establece que ante un animal a bandonado e tras informar da situación no departamento de Medio Ambiente ou na Policía Local, será o departamento de Rescate e Control de Especies o que se encargue do caso, recollendo o animal e trasladándoo á clínica veterinaria. De non aparecer persoa propietaria o animal será derivado a unha casa de acollida. Pasados os dez días de custodia dende a alta veterinaria o animal entrará dentro do programa de adopción felina do Concello de Redondela. O programa consta de dúas partes:  contrato de Pre-adopción, para os animais que non están aínda esterilizados e o contrato de adopción definitiva, destinado para os animais esterilizados.

Máis de 70 gatos adoptados

Na campaña de 2023 o Concello recolleu 54 gatos que xa están adoptados por familias. En 2024 o número de casos reduciuse notablemente, con 18 gatos recollidos que xa están en pre-adopción, o que supón case un 70% menos que na campaña anterior. Villar amósase satisfeito con este balance “porque esta redución demostra que o traballo feito no último ano dá os seus froitos, coas campañas de esterilización e nova Lei de Benestar Animal”. Así mesmo salienta o excelente funcionamento do programa de adopción felina de Redondela “que é un referente en toda a comarca”.

Máis de 300 gatos e gatas foron esterilizados desde que comezaron en 2019 as campañas de control felino por parte do Concello de Redondela. A partida económica é de 10.000 euros anuais das arcas municipais, máis outros 6.000 euros de subvencións autonómicas e estatais. Villar sinala que este programa “deixa en ridículo a axuda anunciada durante a campaña electoral polo presidente Rueda, cunha partida económica que só permitiría esterilizar 3 gatos por cada municipio galego”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará