Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os 16 alumnos dos obradoiros de Hostalaría e Deseño Gráfico reciben os seus diplomas

obradoiros emprego

Logo dun ano de formación teórica e práctica o auditorio da Xunqueira acolleu a entrega dos diplomas tanto ao alumnado de Hostalaría como o de Deseño Gráfico para a Comunicación.

Nos seus meses de aprendizaxe o grupo de hostalaría foi o encargado de elaborar e servir os petiscos no evento do Nadal do Concello, tamén prepararon almorzos e merendas para centros de Día e colexios do municipio, e na clausura dos cursos de Maiores encargáronse de cada detalle. Tamén ofreceron receitas orixinais na festa do Choco, entre outras moitas actividades.

No caso do Obradoiro de Deseño Gráfico para a Comunicación, o alumnado elaborou os calendarios do concello así como diferentes campañas institucionais e carteis. Este alumnado foi tamén o encargado de recoller en imaxes, con fotografías e vídeos, o traballo dos seus compañeiros de cociña, e retrataron as parroquias de Redondela con imaxes que van servir para a promoción deste municipio.

A entrega de diplomas contou coa presenza do concelleiro de Emprego, Antonio Cabaleiro, a Delegada da Xunta, Ana Ortiz, o Director Territorial de Emprego, José Antonio Fachado, e a Directora do Obradoiro, Marita Pintos, así como da alcaldesa Digna Rivas quen salientou que o obxectivo desta formación é “que os alumnos-traballadores teñan un achegamento ao mundo real, aos traballos propios do mercado laboral para que a experiencia sexa o máis enriquecedora posible” e lles trasladou o seu desexo de que teñan por diante “un gran futuro profesional”.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade outorgou ao Concello de Redondela unha subvención de 424.836,96 € para a realización destes obradoiros, cofinanciados polo Ministerio de Traballo e o Fondo Social Europeo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará