A directiva do Club está á espera de recibir a resolución da Federación para demandar nos Xulgados a praza que deixou vacante o Compostela. Acusan ao órgano federativo de non ser parciais neste polémico asunto e reiteran que a praza correspóndelle ao Choco polos seus logros deportivos.
A directiva do Club reunirase este sábado en Santiago cos clubs que militan en Terceira División e que xa mostraron o seu malestar ante a decisión da Federación Española de Fútbol de deixar vacante a praza que ocupaba o Compostela. Esta decisión supón que o Choco queda fora da categoría, a pesar de que deportivamente a praza lle correspondería por ter gañado o play off de Preferente, e que a categoría quedará nesta tempada con tan só dezanove equipos. Aínda que a Federación da por liquidado o caso do descenso do Compos despois de que ningún equipo aceptase asumir as 216.000 euros que pedina pola praza en Terceira, o certo é que o Choco seguirá pelexando e está á espera de que lles chegue a resolución do órgano federativo para acudir aos xulgado. Unha medida que con todo non lles gusta, xa que saben que a sentencia -que con total probabilidade será favorable aos seus intereses- podería demorarse incluso anos. Dende a directiva non escatiman descalificacións cara a Federación a quén acusan de non ser parciais neste conflito. Insisten en que si o equipo que tivera opcións ao ascenso fose un equipo forte como o Celta ou o Pontevedra, todo se tería solucionado moito antes.