Nesta primeira edición do Festival actuarán os grupos Meninos Carentes, Zamaramandi e Sound Shepard. O concerto comezará ás 21:00 horas na praza da Casa da Torre
A praza da Casa da Torre acolle hoxe ás 21:00 horas a actuación de tres grupos de funk e reggae. Trátase da primeira edición do Festival Cool Funky Reggae coa actuación da banda viguesa Sound Shepard caracterizada por mesturar os estilos funk, metal e reggae. Seguirá a música tamén reggae do grupo Zamaramandi e os temas funki da actual escena alternativa brasileira de Meninos Carentes., unha agrupación que persegue ser unha ponte entre Brasil, Jamaica e Galiza ofrecendo un son acústico e electrónico a un tempo cunha clara influencia da psicodelia entre outros estilos. O concerto contará tamén coa música de DJ Maçó e cunha barra onde o público asistente poderá consumir para colaborar economicamente co festival.