Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida unha veciña de Redondela que vendía droga no seu domicilio

drogas

Axentes de Policía Nacional procederon á detención dunha muller de 37 anos de idade como autora dun delito contra a saúde pública pola distribución de pequenas cantidades de droga en Redondela. No rexistro efectuado no seu domicilio -no centro da vila- intervíronselle sustancias estupefacientes (cocaína e marihuana) así como útiles para a súa distribución e cartos en efectivo. A detida foi posta a disposición do Xulgado.

Axentes da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron esta semana unha  muller por tráfico de drogas, e desarticularon un punto negro no centro da localidade.

A investigación comezou por mor de informacións recibidas sobre un posible punto de venda de sustancias estupefacientes. Chégase a constatar que a autora do delito é unha muller que no seu propio domicilio, distribuía pequenas cantidades de sustancia estupefaciente a consumidores.

A investigación determina a autoría desta persoa no delito de tráfico de drogas, polo que se procede a súa detención e ao posterior rexistro da súa vivenda, incautando efectos para a distribución da droga, distintas cantidades de diferentes sustancias estupefacientes (cocaína e marihuana), unha báscula de precisión, unha axenda con anotacións sobre as vendas e ao redor de tres mil euros en efectivo.

Tanto na investigación como no rexistro colaborou a Policía Local de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará