Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma alerta que o plan de Portos converte a enseada de San Simón nunha dársena portuaria

estreito rande

A plataforma en defensa da enseada de San Simón anima a presentar alegacións ao proxecto de Delimitación de espazos e usos portuarios (DEUP) que vén de sacar a exposición pública a Autoridade Portuaria de Vigo e que, ao seu entender, transformaría a enseada nunha dársena portuaria e sería unha nova ameaza a un espazo incluído en Rede Natura 2000 así como a todas as actividades que alí se desenvolven vinculadas coa pesca e o marisqueo. O prazo para a presentación de alegacións remata o día 30 de outubro.

A Plataforma lamenta a proposta de Delimitación de Espacios y Usos Portuarios (DEUP) que establece as previsións de explotación de zonas que son competencia do Porto de Vigo. O planteamento ao entender deste colectivo non analiza en profundidade as consecuencias que este plan vai ter na Enseada. Critican particularmente o incremento das augas de servizo que acollen a operativa de manobras de amarre e desatraque do movemento portuario “un aumento que admitiría a ampliación da terminal (recheo) de Bouzas”. Tamén denuncian que a delimitación como zona de servizos das escolleras existentes en Rande “é unha medida en previsión da transformación das escolleras en líña de atraque para instalar un novo porto ou terminal. Neste caso, nunha zona protexida pola súa pertenza á Rede Natura 2000 onde tamén están acoutados oficialmente espazos para marisqueo, cría de mexillón e pesca artesanal. Segundo a DEUP, a Enseada transformaríase nunha dársena portuaria”.

Dende a Plataforma lamentan que a proposta do Porto descarte que este Plan vaia ter efectos negativos sobre a Ría de Vigo e o litoral “unha falsidade que reponde a que non hai ningún análise sobre a biodiversidade, patrimonio cultural, paisaxe e contaminación na zona cando a información oficial sobre o estado das augas da Ría de Vigo, extraída do Plan Hidrolóxico da conca Galicia-Costa, indican que na Enseada de San Simón e no estreito de Rande hai unha concentración elevada de amonio e fósforo”. Tamén o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto demográfico “recoñece que esas masas de auga están afectadas por nitratos e atópanse nun proceso de eutrofización crecente como aconteceu no soado caso do Mar Menor”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará