Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aposta polo erotismo

RR_Noticias

A concellería de muller pon en marcha un meeting sex e o II concurso de relatos eróticos co obxectivo de promover a educación e a saúde afectivo-sexual e favorecer a eliminación de tabús e estereotipos sexistas.

Os meeting-sex son obradoiros nos que se pretende fomentar a educación sexual falando sobre os cambios biofixiolóxicos, a fisioloxía do pracer, o desexo, os afectos e a atracción, o amor e a saúde, estimulando a reflexión para motiva e seguir aprendendo. As interesadas poden chamar ao teléfono 986 701 227 ou acudir directamente á oficina do CIM (Centro de Información á muller) no Multiusos de Arcade. As prazas para asistir ao taller son limitadas. Por outra banda está xa aberto o prazo para participar no II concurso de relato eróticos organizados tamén pola Consellería da muller. O prazo de presentación de traballo finaliza o 15 de outubro. Para participar os únicos requisitos son ser maiores de 18 anos e residentes ou nacidos en Galicia. As obras deben ser orixinais, inéditas e escritas en galego, cunha extensión máxima de 600 palabras. Poderanse presentar un máximo de dous traballo por autor. O xurado valorará que o texto reflicta actitudes e valores igualitario e a rutura de estereotipos sexistas, especialmente relacionados co erotismo e a sexualidade.

Cristina García responsale do CIM
O xurado do concruso valorará que non se trasmitan estereotipos sexistas nos relatos
Obradoiros de educación sexual
O taller rematará cunha mostra de xoguetería erótica

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará