A SD Pazos de Borbén FS, o Redondela FS e o Arealonga FS deixaron un fin de semana de derrotas, mentres que o Campito Chapela conseguía o seu segundo empate da tempada e continúan loitando por conseguir a primeira vitoria.
Terceira División Nacional
S.D. PAZOS DE BORBEN FS – CONCELLO DE BEGONTE F.S. (5-8)
Os de Pazos sitúanse de quintos nun moi bo comezo de tempada no que suman xa dez puntos. A derrota desta fin de semana na casa rompe a boa racha que estaban levando con tres vitorias e un empate.
Esta é a primeira derrota da temporada dos vermellos nun partido no que din en redes sociais “nunca estiveron cómodos ante un equipo lucense que aproveitou moi ben os seus erros”. A próxima xornada visitan ao SD Outeiro de Rei, segundos pola cola na táboa xeral.
Goleadores: Alfredo Fernandez 12’, Martín Martínez 13’, Manuel Prado 30’, Luis Carreira 32’ e Jacobo Amoedo 32’.
Preferente Futgal, 2
F.S. AS NEVES – REDONDELA F.S. RODAVIGO (5-4)
O Redondela Rodavigo leva un comezo de tempada pouco chamativo, con dúas vitorias e tres derrotas, a última na súa visita As Neves nun partido moi axustado no que perderon pola mínima. Desta forma, sitúanse de novenos e empatados a puntos con As Neves que está no oitavo lugar da táboa xeral. A próxima xornada reciben ao Pecheches FS
AREALONGA FS CHAPELA – CVC VALLADARES PAX FLOOR (1-5)
O Arealonga FS recibiron no Pavillón Municipal da Marisma ao Valladares cun resultado de un fronte a 5. Aínda non conseguiron gañar ningún partido, pero queda moita liga. Esta derrota ampla os sitúa de segundos pola cola. A próxima xornada visitan ao CD Beade MVMB Copefri.
Goleador: Carlos Santos
CESURES FS – CAMPITO CHAPELA FS (5-5)
O Campito Chapela logra sumar outro punto gracias oa empate desta xornada contra o Cesures. Continúan de últimos na táboa xeral á espera do súa primeira vitoria.
A próxima xornada reciben a A Quinta de Tui F.S.
Goleadores: Anton Busto 8’, Victor Alvarez 10’, Anxo Fernandez 17’, Paulo busto 28’, Rodrigo Bertomeu 32’. Este último sería o gol que os situaba por enriba do rival, pero sete minutos mais tarde o Cesures marcaba o gol do empate.