Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para o pago do IBI

ibi

O venres 18 de outubro remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Finalizado este prazo aqueles contribuíntes que non tiveran realizado o pago deberán enfrontarse aos recargos correspondentes.

Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank, BBVA ou Banco Santander, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela na Rúa Ernestina Otero 35 baixo (horario de  atención ó público : mañás de luns a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns a xoves de 16:00 a 18:30 horas)  ou descargarse o recibo dende a páxina web do Concello www.redondela.es, no apartado de recadación,  introducindo os datos que se lle requiran para a súa expedición;  tamén poderán efectuar o pago online a través do enlace existente na páxina web do Concello. Máis información no teléfono 986408391.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará