O encontro será ás 21:00 horas de esta tarde na pista da Xunqueira onde se está a celebrar durante todo o mes de agosto a XXVIII edición do campionato infantil, alevín, benxamín e promesa coa participación de 47 equipos.
O Dinamo de Moscú enfróntase esta tarde ao equipo de fútbol sala de Redondela nun encontro que se vai disputar na pista da Xunqueira as 21:00 horas
Trátase do IX torneo Concello de Redondela que organiza o concello en colaboración con Umbro enmarcado dentro do mundialito que estes días e durante todo o mes de agosto se está a desenvolver na Xunqueira.
Detrás da organización da cita deportiva está a marca deportiva Umbro, provedora oficial do equipo moscovita, campión de Europa de fútbol sala no ano 2007.
Este será o primeiro partido da pretempada que o Dínamo está a preparar en diferentes localidades de Galicia e Portugal ata o vindeiro 24 de agosto.