Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Comunidade de Montes de Saxamonde alerta da inseguridade viaria que provocará o polígono de Louredo

louredo

A instalación dun polígono industrial en terreos de Redondela e Mos, o coñecido como parque empresaria de Louredo, afectará particularmente a Vilar e Saxamonde. Os colectivos sociais destas parroquias denuncian os prexuízos que este parque industrial vai ter no seu territorio. Neste sentido a Comunidade de Montes de Saxamonde critica que non exista un “sistema de avaliación ambiental rigoroso que valore o impacto das múltiples afectación sobre a poboación” así como a falta de accesos seguros ao futuro polígono e as consecuencias que os novos viais terán sobre un elemento singular do patrimonio como é a Mámoa dos Valos.

Explican dende a comunidade que a parroquia de Saxamonde vaise ver sometida ao sufrimento das afeccións que provoca unha infraestrutura de carácter industrial:  ruídos constantes, tráfico pesado e, en particular, a instalación de liñas de media tensión, destrución do monte, flora e fauna que necesariamente impactarán de xeito directo sobre a saúde dos veciños.

Especial fincapé fan na planificación dos viais dentro do ámbito industrial que contemplan unha conexión coa EP-2906, Guizán-Os Valos, precisamente en terreos colíndantes propiedade da Comunidade de Montes “unha estrada provincial que carece das dimensión mínimas, medidas de seguridade viaria e sinalización dun cruzamento tanto para entrada como saída de coches particulares, e, principalmente, para ducias de camións que diariamente se moveran por este punto”. Esta estrada, explican, é un vial urbanizado que ten como fin dar un servizo aos vehículos particulares, con tramos polos que discorre o camiño de Santiago, paradas de autobuses escolares e tránsito a pe de veciños “situación dificilmente compatible co tráfico dun polígono industrial”.

Denuncian tamén o impacto que este polígono vai ter no patrimonio arqueolóxico xa que o proxecto carece dun estudo que protexa a Mámoa dos Valos “non existe unha distancia mínima das edificacións tanto actuais como futuras e a escasos metros se proxecta a construción dun víal novo”.

Outra das carencias que atopa a comunidade é a falta dun estudo do impacto dos centos de vehículos particulares movéndose polo Polígono “recóllense ata 2.600 prazas de aparcamento, o que suporá un negativo impacto medioambiental e case nada se menciona do importante tránsito de vehículos pesados e camións, o movemento constante e continúo de centos de vehículos particulares de grande tonelaxe”.

Conclúe a Comunidade denunciando que o proxecto inclúe tamén a construción dun centro de reparto de enerxía eléctrica ao todo o Polígono Industrial a onde chegarían dúas conducións de media tensión. Este edificio construiríase na intersección entre os límites do concello de Mos, e das comunidades de montes veciñais de Saxamonde e Vilar de Infesta. Dita edificación atópase próxima ás vivendas, sen que nun estudio de impacto ambiental simplificado se recolla ningún estudio rigoroso sobre a súa incidencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará