Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Samaín vívese en Soutomaior

samaín souto

O espectáculo “Noite de Ánimas” de Hípica Celta, a música da “Duendeneta”, os scapes rooms e a Maratón de cine de terror serán algúns dos pratos fortes do Samaín de Soutomaior. O concello organiza catro días de actividades para celebrar esta data, sendo o día grande será o propio xoves 31 cunha festa que arrancará ás 17:45 na praza de Cima de Vila e rematará ben entrada a noite na praza de Talo Río. Algunhah actividades precisan de inscrición previa na páxina web municipal.

A celebración desta festa comezará o 27 de outubro cun obradoiro de cabazas na Finca Cafexo-Massó, unha cita para toda a familia que precisa inscrición. Con todo, o día grande da celebración será o xoves, 31 de outubro, cun programa que arrancará ás 17:45 na Praza de Cima de Vila cun obradoiro de candeas e maquillaxe. Unha actividade creativa e divertida na que elaborar os soportes que portarán as candeas que logo poderán usar no pasarrúas.  Xa ás 19:00h. dará comezo nesa mesma praza a Noite de Ánimas, coa animación a cargo de Hípica Celta que consistirá nun percorrido dende o cruce de Praza de Cima de Vila, percorrerá a avenida Xosé Solla e rematará en Talo Río. A Santa Compaña e o seu séquito guiaran este percorrido que será moi participativo, motivo polo que dende o concello convidan aos asistentes á que porten cirios, velas,cabazas talladas alumeadas, e que todas e todos vaian coa vestimenta propia para a ocasión.

Coa chegada deste pasarrúas a Talo Río continuará a festa as 20:30 co tren asador de castañas con degustación de balde. Ademais este ano haberá petiscos de Samaín, a prezos populares, a cargo da Asociación de Empresarias/os de Arcade e Soutomaior.

En Talo Río tamén haberá sitio para ambientación interactiva Entreosmundos, un espazo onde non faltarán os conxuros, meigallos e  moitas sorpresas. Para esta actividade dende o concello animan á que os e as asistentes leven a súa cabaza da casa. A música correrá acarto da Duendeneta que animará a velada ata o fin da festa.

Xa na xornada do sábado 2 de novembro aterrará no Multiúsos de Arcade o Escape  Room Especial Samaín. Alén da Morte!Unha trepidante historia que acontece transitando por un camiño que conduce ao Alén, cheo de retos nos que terán que decidir o futuro das ánimas e incluso devolvelas á vida. Haberá 2 salas para este escaperoom unha para nenas e nenos de 3 a 7 anos e outra para nenas e nenos a partir de 8 anos. Con todo serán un total de 5 pases en cada sala (17:00, 17:30, 18:00, 18:30 e 19:00). Para este escape room precísase inscrición previa.

O sábado, 2 de novembro,tamén aterrará no Multiúsos, a partir das 20:00 h.,  o Maratón de Cinema de Terror, coa proxección de Biltelchús, El Exorcista e IT e con flocos de millo de balde nos descansos de cada película.

Xa na xornada do domingo 3 de novembro chegarán a Finca Cafexo – Massóacollerá os contos polo samaín ‘O medo ponse no medio’ con Celso Fernández Sanmartín ‘Celsiño’. Contos e historias de medo abertas en diálogo para que quen asista poida, como sempre se fixo, contar os seus medos nun ambiente  estimulante e de confianza cun lume aceso a pe de chan. Unha cita destinada a público adulto, para maiores de 14 anos, que será de balde e que contará con 2 pases un ás 16:30h e o outro ás 19:00h. Para esta contada tamén se precisa inscrición previa.

Todas as actividades que precisa inscrición previa as e os interesados deberán de inscribirse en liña a partir deste venres 18 de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará