Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pídelle a Fomento que renuncie á ampliación da ponte de Rande

RR_Noticias

Recolle nas alegacións presentadas ao proxecto elaborado polo Ministerio que para garantir a mobilidade entre o norte de Portugal, a área de influencia de Vigo e a conexión co resto de Galicia débese levar a cabo unha infraestrutura viaria alternativa e gratuita á AP-9, “como as xa definidas A-57 ou A-59”.

Dende o BNG insisten tamén nas importantes afeccións que a obra vai ter nas zonas de paso de Chapela e Teis, hipotecando o seu futuro desenvolvemento e afectando negativamente á calidade de vida dos veciños desas parroquias.
Recóllense nas alegacións presentadas polo BNG que o proxecto de fomento carece de estudo de impacto ambiental, que a proposta de ampliación en dous carrís na conexión Morrazo- Vigo non conta cun estudo serio e fiable e que non ten en conta o efecto funil de entrada na cidade olívica que vai “agravar a actual situación de colapso”.
Finalmente o bloque demanda que dende o Ministerio de priorice o trasporte público como solución alternativa aos problemas de mobilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará