Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Hoxe declara en Redondela o único arrestado polo incendio mortal de Fornelos de Montes

RR_Noticias

Está previsto que as dez da mañá este home de 62 anos de idade Rafael Alvariño alcumado “O Racha” sexa trasladado dende a comandancia da garda civil en Vigo, onde permanece detido dende o pasado sábado, ata Redondela para que preste declaración ante o xuiz.

Será o maxistrado que leva o caso e que xa dispón dos informes da xunta quen ditamine si Rafael Alvariño queda en liberdade ou si pola contra debe ingresar en prisión.
A garda civil acúsao de homicidio imprudente e segundo fontes policiais en principio considéraselle o único autor do lume á espera de que prosigan as pescudas.
Alvariño foi interrogado logo de alardear nun bar de Fornelos de coñecer ao autor do incendio e as súas contradiccións convertérono en sospeitoso do lume que o 12 de agosto se declarou na parroquia de Rial onde reside o detido e en cuxa extinción perderon a vida dous brigadistas do Seaga, Julio Martínez e Rodrígo Amo
Mentres continúan as investigación os veciños de Fornelos mostraban a súa sorpresa pola detención.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará