As actividades organizadas pola Asociación Deportiva e Cultural de Rande –logo do “aperitivo” vivido o pasado sábado co desfile das tropas polo centro da vila- chegan esta fin de semana ao Meirande. Dende as 11:00 horas do sábado e ata o mediodía do domingo, o público poderá gozar de obradoiros tradicionais, representacións teatrais que rememoran a Batalla naval do ano 1702 entre as tropas angloholandesas e hispanofrancesas e a música dos Vacalouras.
Logo de meses de traballo, os integrantes da Asociación cultural e deportiva de Rande confían en ter esta fin des emana a súa recompensa co gallo da celebración nas inmediacións do Meirande do programa de actos que conmemora a Batalla naval do ano 1702 entre as tropas angloholandesas e hispanofrancesas.
Medio cento de veciños e veciñas participarán nas representación que terá lugar ao logo do día e que buscan trasladar aos público asistente o que aconteceu hai xa 322 anos nese estreito de Rande. Un programa que confía en atraer a máis de 2000 persoas cunha programación pensada para todos os públicos e que se desenvolverá durante toda a xornada do sábado dende as 11:00 e ata a dez da noite e na mañá do domingo.
Nesta ocasión e como novidade as representacións serán máis activas tanto no palco principal como as pequenas escenas que se desenvolverán entre o público. Anima a toda a veciñanza a achegarse e lembran dende a Asociación que haberá unha carpa para evitar as inclemencias meteorolóxicas e que todas as actividades se realicen con normalidade
Unhas actividades que arrancarán ás once da mañá coa apertura do mercado e a chegada das embarcación tradicionais que darán paso ao desfile inaugural coa chega das tropas. Ás 13.30 hora terá lugar a primeira das representación e a partir desa hora continuarán as propostas orietnadas a todos os públicos con obradoiros de alfarería, escritura antiga e acuñación de moedas así como atraccións tradicionais para nenos e exhibición de esgrima histórica.
Non faltará o espectáculo de lucería que simula o combate entre dous barcos a cañonazos e que este ano chega con sorpresas.
Un concerto a cargo dos Vacalouras pechará a xornada que se retomará o domingo con actividades dende as 11:00 e ata as 14:00 horas.