Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Uns romaneses subtraen dous mostrarios de pulseiras de ouro dunha xoiería de Redondela

RR_Noticias

Axentes da Policía Nacional está a traballar nas gravacións das cámaras de seguridade de xoiería para tentar localizar aos dous implicados no furto, que se produciu ás seis da tarde do pasado venres

A xoiería Angel Nogueira na rúa Ribeira foi vítima dun furto por descuido na tarde do pasado venres. Os feitos producíronse ás 18:00 horas cando, segundo información da policía local, un home de nacionalidade romanesa entrou no establecemento coa suposta intención de mercar unha pulseira de ouro. A dependenta estáballe a amosar dous mostrarios destas xoias cando unha segunda persoa -cómplice da primeira- tocou o timbre para acceder á tenda. Cando dende o interior do establecemento abríronlle a porta ambos os dous ladróns aproveitaron para darse á fuga levándose consigo os mostrarios.
Todo apunta a que os autores do furto eran de nacionalidade romanesa. Axentes da policía nacional están a traballar coas gravacións das cámaras de seguridade para localizar aos ladróns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará