Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un mozo logo de provocar un accidente en Cesantes e darse á fuga

RR_Noticias

O mozo, de 22 anos de idade e veciño de O Viso conducía un Ford Fiesta a pesar de carecer do permiso de conducir e cunha taxa de alcol que triplicaba o permitido. No sinistro resultaron feridos leves os dous ocupantes do outro vehículo, quen foron trasladados ao hospital de Fátima en Vigo.

Os feitos producíronse na tarde do sábado cando un Ford Fiesta conducido por Francisco N.D. de 22 anos de idade e veciño de O Viso colidía ás 19:30 horas contra outro turismo, un Rover conducido por un veciño de Vigo de 62 anos de idade, Antonio A.C. quen resultou ferido leve do mesmo xeito que a súa muller Argentina G.V de 61 anos e que ocupaba o asento do copiloto.
Logo do sinistro, o For Fiesta deuse á fuga, pero o vehículo detívose pouco despois a consecuencia dos danos sufridos no accidente. Tanto o condutor do vehículo como o seu acompañante decidiron entón continuar a fuxida a pé, aínda que foron rapidamente localizados e detidos polos axentes da policía local. Ante os síntomas de embriaguez que presentaba o mozo fíxoselle a proba de alcoholemia dando positivo cun índice que case triplicaba a taxa de alcol permitida ao volante. Ademais os axentes comprobaron que carecía de permiso de conducir.
Foi trasladado á Comisaría de Vigo acusado dun delito contra a seguridade de tráfico e hoxe pasará a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará