Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carmen Teles cede ao Arquivo audiovisual imaxes de Quintela do século pasado

arquivo

O Arquivo audiovisual municipal vén de incrementar o seu fondo coas máis de 150 fotografías da colección familiar de Carmen Teles. Son imaxes que van desde os anos 20 ata os anos 90 do século pasado, con instantáneas de celebracións, traballos no campo, excursións e imaxes do colexio. Dende o goberno local animan a veciñanza a seguir o seu exemplo “facilitando ao Arquivo municipal imaxes que poidan ter nas súas casas sobre oficios, tradicións ou celebracións para seguir ampliado o fondo audiovisual do Concello”.

Algunhas das fotografías teñen un século de historia, xa que van desde os anos 20 ata os anos 90 do século pasado, e percorren 70 anos da historia familiar. A temática das instantáneas é moi variada, con moitas imaxes de celebracións familiares e vodas, pero tamén de grupos de amigos de diferentes épocas en Quintela. Os álbums recollen tamén excursións a outras parroquias, fotografías do colexio de Reboreda e traballos no campo. Todas as imaxes foron dixitalizadas polo Arquivo Municipal e xa poden consultarse tanto nas redes sociais coma en papel nas dependencias municipais do propio Arquivo. Para consultalas na web pode facer a través do Instagram, o Facebook r o blog do Arquivo Audiovisual Municipal. As fotografías orixinais foron devoltas á súa propietaria xunto cun dispositivo cunha copia tamén dixital de todas as imaxes.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, agradeceu o xesto de Carmen Teles e animou á veciñanza “a seguir este exemplo e facilitar ao Arquivo municipal imaxes que poidan ter nas súas casas sobre oficios, tradicións ou celebracións para seguir ampliado o fondo audiovisual do Concello”. A rexedora fixo un chamamento especialmente “aos veciños das parroquias, porque notamos nos nosos fondos unha carencia de fotografías das distintas parroquias de Redondela”. As fotografías seguirán estando nas casas dos seus propietarios e propietarias, pero haberá unha copia custodiada no Concello que coidará da súa conservación e transmisión ás xeracións vindeiras.

Con esta incorporación o fondo audiovisual do Concello conta xa con máis de 77.300 imaxes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará