Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A asociación de empresarios abre o prazo para inscribirse nun programa de emprego para xente moza

empresa

As persoas participantes – vinte mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade- terán a oportunidade de formarse en empresas de diferentes sectores. O programa leva por nome Xuventude Mentoring na empresa e os participantes recibirán unha bolsa de 661,50 euros mensuais. O proceso de selección de persoas candidatas deu comezo hoxe luns 21 e estará aberto ata o 31 de outubro.

Por segundo ano consecutivo e despois do éxito da primeira edición, a Asociación de Empresarios de Redondela recupera o Xuventude mentoring na empresa que busca achegar o talento da mocidade a sectores estratéxicos da localidade a través deste programa de estadías formativas en empresas. Colaboran co programa empresas como Op mobiliy, Alfico-New Balance, Tecsumaga, Pescanova, Recambios Ochoa, Peter Taboada, Carpinautic, Centro de día Os Cortizos, Centro de día de Redondela entre outras do municipio e a comarca que darán acollida a 20 candidatos para prepararse en moi distintos postos

A finalidade deste programa, orientado á persoas mozas de entre 18 e 30 anos inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, é reforzar a súa empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais adaptadas ao contexto laboral actual, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional a través da realización de prácticas non laborais en empresas de sectores estratéxicos co obxectivo xeral de acadar a súa incorporación ao mercado de traballo.

O período das estadías formativas en empresas será de 3-4 meses cunha duración mínima de 100 horas mensuais e catro días semanais. (A realización das estadías formativas comezará en novembro).

As bolsas de formación serán de 661,50€ ao mes, incrementada en 100€/mes en caso de persoas con discapacidade e unha axuda de custo por desprazamento de 100 €/mes cando o concello do centro de realización da estadía formativa non sexa o mesmo que o concello de residencia.

As persoas interesadas poderán realizar as súas solicitudes tanto presencialmente como a través de medios electrónicos dispoñendo dos formularios de inscrición na web da entidade. www.empresasredondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará